Páginas

jueves, 1 de diciembre de 2022

Traballamos a escritura creativa

 Este mércores puxémonos outra vez na pel dun escritor para fomentar as nosas capacidades comunicativas e máis a nosa creatividade. Contamos coa sorte de ter uns invitados moi especiais, algúns dos alumnos de 6º que este día están connosco no centro. 

Neste caso non só tivemos que facer de escritores, se non que aproveitando o material que nos deu a nosa profesora Silvia durante a última semana... ¡Fixemos tamén de xornalistas! Xa que o tema da escritura era "noticias do futuro" teremos que imaxinar e elaborar unha noticia que poda ter lugar dentro dunha década e redactala coa estrutura que coñecemos. Pero non vale calquera suceso, é importante que esta noticia sexa característica do futuro, polo que terá que ir acompañada dalgún descubrimento importante, algún avance na sociedade ou na súa forma de organizarse, como afectará o cambio climático... Unha actividade para deixar voar a nosa imaxinación!