Páginas

martes, 24 de enero de 2023

Benvidos ó Reino de 5º de primaria!

O novo trimestre comezou e da man deste chega o novo proxecto para estes meses. O tópico xenerativo  é "Como Pedro por su casa", sabedes de onde ven esta expresión ou que relación garda co noso proxecto? Invitámosvos a averigualo!

Este  proxecto tratará de historia, máis concretamente afondaremos na Idade Media, na Idade Moderna, o arte Románico e o arte Gótico, por iso ambientamos a nosa clase coma se fora un auténtico castelo medieval protexido polos caballeros máis nobres que existen... Os nosos queridos alumnos! 

Para dar pé ao proxecto como xa saberedes realizamos unha situación de aprendizaxe que consistíu nun "scape room" con diferentes probas para que o alumnado tratara de lograr escapar do noso castelo ao mesmo tempo que aprendíamos datos, curiosidades e datas significativas desta época. 


 

















Tras rematar a situación de aprendizaxe como xa saberedes chegaron as actividades propias da tarefa 0: A cŕitica á situación de aprendizaxe, os fíos conductores, a metacognición inicial, o plan de equipo... Cabe destacar que este trimestre incorporamos un novo formato para realizar plan de equipo moito máis elaborado, e contamos cuns invitados de luxo para que nos explicaran como funciona: Os alumnos de 6º de primaria!

Agardamos que este proxecto nos resolva todas as nosas inquietudes e dúbidas acerca da historia e que nos encha de coñecementos!