Páginas

viernes, 20 de enero de 2023

É o ser humano bo por natureza?

 Como xa saberedes, ao comezo das primeiras sesións da xornada adicamos uns minutos ao "Despierta", unha nova rutina que incorporamos este curso onde aproveitamos para reflexionar e charlar acerca dun tema proposto, xa sexa algun vídeo que vexamos, algunha canción, algun evento que tivera lugar tanto dentro como fóra do aula durante esta semana...


Este venres puidemos ver un vídeo de 2 psicologos infantís que estudan na conduta dun neno de 18 meses a existencia do altruísmo. É o ser humano bo por natureza? ou son estas condutas aprendidas na casa e na escola? Esta claro que o ambiente no que nos criamos e o indicador definitivo para fortalecer ou evadir este tipo de condutas pero... Que pasa cando o entorno aínda non influíu en nós?


Ademáis de falar do altruísmo tamén puidemos reflexionar sobre os experimentos, os códigos éticos de experimentar con nenos, o conductismo e os exemplos del no noso día a día...


Déixovos o vídeo a continuación por se queredes velo!