Páginas

martes, 14 de febrero de 2023

Empoderar un personaxe

 É importante coñecer a diferenza entre facer unha biografía e ensalzar a figura dunha persoa. Unha das actividades que realizamos para preparar a oratoria cos rapaces consiste niso precisamente. O alumnado escolle unha persoa que sexa referente ou digno de admirar para eles e elaborarán un discurso no que porán en valor 3 características ou feitos que o fagan destacar fronte ó resto.


J.K Rowling, Albert Einstein, Bill Gates, Ibai Llanos, Vero Boquete, Gloria Fuertes, Frida Kahlo, Isabel II… son alguns dos personaxes que os alumnos de 5º tiveron a oportunidade de ensalzar esta semana na clase de lingua galega. Vaia labia que teñen!


Este tipo de discursos serven para formar ao alumnado en competencia comunicativa, xa que aprenden a falar en público; comprenden como utilizar a linguaxe non verbal a través de xestos, pausas enfatizantes, distribución das miradas… traballan a estructuración de textos, e sobretodo collen confianza en si mesmos e melloran a súa autoestima!