Esta semana tivemos a oportunidade de visitar o arquivo histórico da Universidade de Santiago, onde se gardan documentos con máis de 1500 anos de antigüedade non só da nosa cidade, se non tamén doutras localidades cercanas.
Ademáis de ver diferentes documentos da épocas dos visigodos e os Reis Católicos puidemos observar os avances na escritura e nos métodos que utilizaban para escribir, tanto as plumas como os papeis feitos de calquera tipo de material.
Esta actividade permítenos acceder de forma directa a un dos contidos traballados no noso proxecto, as fontes históricas. Por outra banda, fixemos unha actividade na que tiñamos que identificar edificios antigos dentro da cidade e foi un éxito, ata tiñan planos do seminario onde está o noso colexio!
Para rematar, realizamos un CSI no noso porfolio para representar aquilo que nos resultou máis interesante.