Páginas

martes, 15 de marzo de 2022

FABULA-FORUM

Como xa sabedes co fin de reducir a influencia da pandemia, estamos levando a cabo un Plan de Benestar Emocional.Hoxe realizamos unha nova actividade relacionada co mesmo chamada FabulaForum.

Primeiro escoitamos atentamente a fábula do asno e o cabalo e reflexionamos sobre o acontecido, a súa ensinanza... E finalmente representamos a fábula de maneira teatral.