Páginas

martes, 8 de marzo de 2022

ROLES DE XÉNERO

Hoxe, por mor do 8M estivemos reflexionando e debatindo sobre diferentes estereotipos e roles de xénero. 

Comezamos pensando na vida de dous bebés distintos, neno e nena, e en que mensaxes reciben ao longo da súa vida e como estes poden determinar o noso futuro.

Ademáis despois, convertemonos en detectives de antiestereotipos!! Tivemos que pensar en xente da nosa contorna que rompese con diferentes estereotipos de xénero.