Páginas

sábado, 22 de octubre de 2022

Elecións a representante de aula

 Este curso teremos uns representantes de aula, que serán os encargados de reunir as inquietudes e propostas do alumnado da clase para posteriormente reunirse co equipo directivo do centro e poder trasladarlles as ideas de todos.

Aqueles alumnos de 5º que quixeron presentarse tiveron a oportunidade de facer un discurso e unha presentación na clase de lingua galega na que expoñían os motivos polos que o resto da clase debería de elexilos como representantes.

Ademáis de ser unha proposta para mellorar o benestar dos nenos e achegar as súas preocupacións e inquietudes á direción do centro, este acto é unha oportunidade para seguir traballando a nosa capacidade de comunicación, e afianzar a correcta convivencia entre os nosos nenos.