Páginas

lunes, 10 de octubre de 2022

Xornadas de convivencia en Alvarella

 A semana pasada os alumnos de 5º e 6º de primaria puideron desfrutar dun par de días na casa de Ecoturismo Alvarella, na que realizamos un montón de actividades diferentes na que os nenos desfrutaron un montón: Tiro con arco, slack line, orientación, estampación de camisetas, senderismo... Unha chea de actividades nas que todos participaron.


Na xornada de orientación os alumnos tiñan que utilizar un compás e seguir as instrucións dadas polos monitores para atopar as árbores desexadas para posteriormente completar a información que facía falta... Algúns orientáronse mellor que outros, pero todos o pasamos ben!




A actividade de tiro con arco foi moi entretida. Despois dunha pequena charla sobre como utilizalo arco e como manter certas medidas de seguridade todos pusimos a proba a nosa puntería con bastante bo resultado. 





Por outra banda, na actividade de slackline non só puidemos poñer a proba o noso equilibrio, se non que tamén puidemos afianzar a confianza que teñen entre compañeiros, guiándose e apoiándose uns aos outros durante a actividade. A verdade que os alumnos teñen bastante máis equilibrio que os profes.










Aproveitamos tamén para levar un recordo a casa que nos sirva para lembrar esta excursión para sempre. No taller de estampación de camisetas collemos diferentes follas que atopamos no chan para despois darlles unha capa de pintura e estampalas nas camisetas que nos mesmos deseñamos.






Tamén tivemos tempo de ocio libre, nos que o alumnado puido seguir establecendo vínculos entre eles e aproveitar a estancia na finca. Deixámosvos abaixo un link onde podedes acceder as fotos que realizamos durante a saída.