Páginas

martes, 4 de octubre de 2022

Tempo de lectura!

 Coa chegada de outubro chega tamén o novo horario ó colexio. Todo isto vai da man do retorno do tempo de lectura. Para os máis novos do colegio isto é unha novidade, por iso mesmo os alumnos de 5º tiveron a oportunidade de desfrutar cos seus afillados dun momento de calma e aprendizaxe mentres lían algúns dos contos que temos nos rincóns e na biblioteca. 

Pero non só os de 5º eran os que lían, !Moitos dos alumnos de 1º curso animáronse a demostrarlles aos seus titores o ben que lían! Os nenos da nosa clase quedaron abraiados. É un pracer poder ver os vínculos que están formando entre eles e o responsables que son os maiores cando están a cargo dos pequenos do centro.