Páginas

lunes, 21 de noviembre de 2022

Un venres cheo de festexos!

 Este venres pasaron un montón de cousas no noso cole. En primeiro lugar puidemos celebrar o Dia Internacional dos Dereitos da Infancia, sobre os que estivemos reflexionando durante toda a semana: O dereito a ser querido, o dereito a un fogar, o dereito a unha familia... Como símbolo de arroupamento todos os que formamos parte do cole viñemos ese día vestidos en pixama! 




Pasamos un gran día xa que ademáis, tamén festexamos o Magosto! Durante as clases da tarde puidemos desfrutar dun festín de castañas que estaban boísimas e rematamos cunhas actividades nas que coñecimos diferentes xogos tradicionais galegos como a raiola, a rá, a chave ou as chapas. Foi unha xornada na que nos fartamos a rir, a bailar, a xogar, a comer... e sobretodo a desfrutar!