Páginas

martes, 21 de marzo de 2023

Expertos da programación

 Unha das actividades que levamos a cabo no proxecto deste trimestre é a elaboración e programación dunha ponte levadiza. Para levala a cabo, utilizamos os nosos kits de lego para posteriormente programar as construcións na aplicación de WeDo 2.0.

En primeiro lugar construímos unha ponte conectada ao motor a través dunha polea. Posteriormente conectamos o sensor á parte de abaixo da ponte, e construímos tamén unhas escaleiras para que accedan os peóns e máis un barco para poder realizar o simulacro de forma realista.

Unha vez temos todo montado chega o momento máis motivador! Os alumnos deberán programar a ponte para que suba e baixe, deixando tempo suficiente para que os barcos pasen. Conseguido isto, aumenta a dificultade engadindo cores aos semáforos, programando o sensor para que se active cando detecta movemento, facendo soar unha serea que avise da posibilidade de paso... Menudos expertos! E que manera de disfrutar!