Páginas

miércoles, 8 de marzo de 2023

Feliz Día Internacional da Muller!

 Hoxe 8 de marzo celebramos o día internacional da muller. Comezamos o día co desperta, no que reflexionamos acerca da necesidade deste día no mundo no que vivimos. Falamos da situación da muller tanto na nosa sociedade coma noutros países do mundo onde as mulleres non gozan dos mesmos dereitos e privilexios.


Máis adiante, na clase de lingua galega tivemos a oportunidade de "Empoderar unha personaxe" sobre algunha muller que admiremos, xa sexa coñecida a nivel mundial ou alguén do noso entorno. Dende personaxes coma Cocó Chanel, Marie Curie, Rosalía de Castro ata mulleres máis cercanas e que máis admiramos coma nais, avoas, irmás, curmás... Unha gran oportunidade para poñer en valor o seu esforzo e valorar máis todo o que fan por nos!