Páginas

martes, 7 de marzo de 2023

Semana da prensa: Traballamos as partes da noticia

 Como un ano máis, comeza a semana da prensa no noso cole. Entre algunhas das actividades que levaremos a cabo durante estes días na clase está a de recoñecer ben que é unha noticia, cal é a súa definición correcta e identificar as diferentes partes que hai nelas.

Para traballar isto dunha forma máis práctica, hoxe recortamos diferentes noticias para posteriormente pegalas nos nosos cadernos e sinalar as súas partes.