Seguimos co noso programa de Xadrez no aula un día máis. Como xa somos uns xogadores expertos hoxe aproveitamos para repasar os movementos de coronación e a captura ó paso. Despois disto e con estes movementos puidemos resolver o enigma proposto por Sherlock Chess.
Para finalizar a sesión e afianzar contidos realizamos unha partida por grupos no que só dispoñíamos de peóns e do Rei.