Páginas

miércoles, 2 de noviembre de 2022

¡Preparamos a nosa propia excursión!

 Hoxe tocounos poñernos na pel dos profes... Coa chegada da tarefa 2 do porfolio e as actividades relacionadas coa xeografía en España cada un dos equipos que formamos na clase tivemos que organizar unha excursión para un lugar de interese natural, cultural ou histórico de todo o noso territorio nacional. 

Non só teremos que buscar un lugar que nos guste, se non que teremos que xustificar o motivo da viaxe, desglosar as actividades que imos realizar e calcular un orzamento para todos os alumnos que queramos ir... 

Finalmente deseñaremos un "flyer" co que intentaremos vender a nosa proposta de excursión aos nosos compañeiros, xa que a máis votada será presentada ao equipo directivo a través da representante da aula para que estuden a viabilidade da nosa proposta.