Na clase de matemáticas aprendimos as divisións de dúas cifras. En inglés realizamos unha carta estructurada, onde a temática era a familia. ademáis presentámonos ante o profe novo, Carlos, que substitúe a Noelia que está de baixa porque vai ter un bebé.
Nunha das rutinas de esperta" estivemos falando de cómo eran fai anos os colexios. Juan, o noso titor de quinto de primaria, ensinóunos unha canción moi chula cun vídeo no que as imaxes que aparecían facían unha metáfora de cómo eran antigamente..
Na asignatura de galego lemos todos un Elevator Pitch, que tivemos que facer antes nas nosas casas. As temáticas eran: a miña cidade, o meu deporte favorito e o meu mellor amigo. Esta actividad a fixemos na biblioteca.
Por último, viñeron ao o colexio unhas rapazas para explicarnos a todos que é o consumo, os tipos de consumo, etc. O final fixemos unha actividade de manualidades no que tivemos que decorar dun boneco de neve de papel
Amaro Vilela Martínez